O RC Celta buscará o domingo en Cádiz alcanzar os 40 puntos na clasificación

O RC Celta afronta este domingo a partir das 18.30 horas un importante partido ante o Cádiz. Os de Eduardo Coudet chegan ao encontro tras realizar un importante esforzo o pasado luns ante o Sevilla, onde o bo fútbol celeste non tivo premio no marcador. Para este partido, o adestrador arxentino recupera a Jeison Murillo, … Continuación

A resonancia ratifica que Santi Mina sofre unha contusión con edema muscular no sóleo dereito

A resonancia realizada nas últimas horas polos servizos médicos do RC Celta ao dianteiro Santi Mina desvela que o canteirán sofre unha contusión con edema muscular no sóleo da súa perna dereita. O periodo de baixa estimado é de entre oito e dez días dependendo da súa evolución.

Ferreyra sofre unha fractura dos ósos propios do nariz

Malas noticias para a enfermaría do RC Celta. Facundo Ferreyra tivo que retirarse lesionado ante o Sevilla tras recibir un cobadazo na cara no que o árbitro non sinalou infracción. O dianteiro arxentino sofre unha fractura nos ósos propios do nariz que xa foi reducida no vestiario. Pola súa banda, Santi Mina tamén se marchou … Continuación

Un gran RC Celta non pode ante o Sevilla (3-4)

O RC Celta perdeu ante o Sevilla (3-4) nun auténtico partidazo no que os xogadores locais mereceron moito máis. A puntaría sevillista decantou o encontro. O inicio de partido por parte do RC Celta foi sobresaliente. Valente con balón e agresivo na recuperación, os xogadores celestes fixéronse pronto co control. A mala sorte propiciou que … Continuación

RC Celta – Sevilla FC: convocatoria

O adestrador do RC Celta, Eduardo Coudet, convocou a 19 xogadores para o partido da trixésima xornada de LaLiga na que o RC Celta recibe ao Sevilla (luns, 21.00, Abanca Balaídos). A lista completa fórmana: Iván Villar, Hugo Mallo, Araújo, Denis Suárez, Fran Beltrán, Nolito, Iago Aspas, Ferreyra, Tapia, Juncà, Aidoo, Aarón Martín, Kevin Vázquez, … Continuación

Emre Mor, operado de xeito satisfactorio de pubalxia

O atacante do RC Celta Emre Mor foi operado hoxe de pubalxia polo xefe dos servizos médicos do club Juan José García Cota e o doutor Alberto López, especialista en ciruxía de abdomen. A intervención concluíu de xeito satisfactorio e o dianteiro celeste permanecerá de baixa entre catro e cinco semanas.

Iago Aspas entra no mellor XI da xornada de LaLiga Fantasy

A tempada de Iago Aspas segue acumulando premios e recoñecementos. O dianteiro celeste foi incluído no mellor XI da xornada de LaLiga Fantasy tras a súa brillante actuación ante o Alavés, onde logrou un gol e repartiu dúas asistencias aos seus compañeiros. O canteirán de Moaña é o primeiro xogador do campionato en alcanzar os … Continuación

Iago Aspas exhibe a súa calidade: primeiro xogador de LaLiga en sumar 10 goles e 10 asistencias

LENDA CELESTE. Con maiúsculas. Iago Aspas volveu asinar unha exhibición futbolística co RC Celta en LaLiga. O canteirán de Moaña axudou a que o equipo gañase ao Alavés grazas a un gol e dúas asistencias no primeiros vinte minutos do encontro. Aspas é o primeiro xogador de LaLiga que alcanza os 10 goles e as … Continuación

O RC Celta luce solidariedade e bo fútbol e gaña ao Alavés (1-3)

Un gran RC Celta conseguiu unha importante vitoria este domingo ante o Alavés (1-3) nun partido que quedou sentenciado na primeira metade e no que os xogadores celestes luciron a súa solidariedade defensiva e bo fútbol. O comezo do partido tivo faltas, cartóns, foses de xogo e un gol de Nolito tras unha sensacional xogada … Continuación

Alavés – RC Celta: convocatoria

O adestrador do RC Celta, Eduardo Coudet, convocou a 19 xogadores para o partido da vixésimo novena xornada de LaLiga na que o RC Celta visita ao Alavés (domingo, 14.00, Mendizorroza). A lista completa fórmana: Iván Villar, Hugo Mallo, Denis Suárez, Fran Beltrán, Nolito, Iago Aspas, Ferreyra, Tapia, Juncà, Aidoo, Aarón Martín, Kevin Vázquez, Santi … Continuación