10 hor
Primeiro Equipo

O RC Celta sela a súa continuidade na elite e disputará a súa 10ª tempada seguida en Primeira División

RC Celta

O camiño non foi sinxelo, sobre todo no inicio, pero o RC Celta conseguiu selar con catro xornadas de antelación a súa permanencia en Primeira División. A próxima será a décima campaña consecutiva na elite do fútbol español, un refacho que o club tan só conseguiu alcanzar noutras dúas ocasións. Para albiscar a dimensión deste logro, tan só outro sete equipos acompañaron todos os anos ao conxunto vigués en Primeira División desde o último ascenso en 2012.

Cun fútbol vistoso, valente e ofensivo, unido a unha intensidade que fai vibrar a todos os afeccionados, o equipo celeste deu un paso ao fronte esta tempada respecto ao sufrimento e á agonía das dúas últimas campañas, onde até o asubío final do último encontro de LaLiga non puido certificar a súa continuidade na máxima categoría do fútbol español.

Non queremos nin podemos esquecernos de todos vós, os nosos afeccionados, a nosa familia. Esta tempada foi especialmente dura porque non puidestes acompañarnos nas bancadas de Abanca Balaídos, aínda que sempre sentimos a vosa enerxía, que nos axudou a levantarnos cando máis difícil estaba a situación.

Agradecemento ás marcas

Tamén queremos enviar un caloroso agradecemento aos patrocinadores que nos acompañaron durante este precioso camiño de 10 tempadas en Primeira División, sendo o único club que mantivo os seus patrocinadores durante a última década. Cabe destacar que nunha época de expansión internacional e globalización, catro grandes marcas galegas seguen apostando polo RC Celta. Moitas grazas Estrela Galicia, Abanca, Adidas, Cocacola, Recalvi e Monbús.

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas