Valencia Mestalla – Celta B: sábado 27 de maio ás 18:00

  O Celta B xa coñece o horario do partido de volta da primeira eliminatoria polo ascenso. Os de Menéndez xogarán no campo da Valencia Mestalla o sábado 27 de maio ás 18:00 horas, mentres que o choque de ida terá lugar este domingo 21 ás 12:00 en Barreiro.   Debido á reducida capacidade de … Continuación

Os abonados deberán recoller suplementos gratuitos para acudir ao histórico Celta B-Valencia Mestalla

  O Celta B afronta este domingo en Barreiro (12.00 horas) un partido histórico, o encontro de ida da primeira eliminatoria de ascenso a Segunda División ante o Valencia Mestalla. Debido ao reducido aforo de Barreiro, 1.800 espectadores, para acceder ao campo os abonados deberán recoller uns suplementos gratuitos nas taquillas de Balaídos. Entregaranse, ata … Continuación

A promoción de ascenso a Segunda comeza o domingo ás 12:00 en Barreiro

  O Celta B iniciará en Barreiro a súa participación na promoción de ascenso a Segunda División. Os celestes mediranse á Valencia Mestalla o domingo 21 de maio ás 12:00 horas, mentres que o partido de volta disputarase en terras valencias o seguinte fin de semana, nun día e hora pendentes de confirmación.

O Valencia Mestalla, primeiro rival do Celta B na loita polo ascenso

  O sorteo da promoción de ascenso a Segunda División, celebrado este luns na Cidade Deportiva de Las Rozas, emparellou ao Celta B con outro filial, a Valencia Mestalla, na primeira eliminatoria de ascenso a Segunda División. Os celestes disputarán a ida en Barreiro o 20 ou 21 de maio e a volta en Mestalla … Continuación

O Celta B pecha unha campaña única con vitoria e xa pensa na promoción de ascenso

  Espectacular e histórica tempada do filial celeste na Segunda División B. Os canteiráns celestes pecharon unha tempada inesquecible vencendo con solvencia no campo do Guijuelo por 1-3 con goles de Hicham e Borja Iglesias por partida dobre. O santiagués, pichichi do catro grupos con 32 dianas, convértese no segundo máximo goleador histórico da categoría. … Continuación

O canteirán Iván Villar debutou co Celta en Primeira División

  O canteirán Iván Villar, porteiro do Celta B que leva practicamente toda a tempada na disciplina do primeiro equipo, debutou este domingo co primeiro equipo en Primeira División ante o Alavés. O gardameta vigués deixou boas sensacións a pesar de encaixar tres goles nos que pouco puido facer. Un novo futbolista da canteira celeste … Continuación

Empate sen goles na ida da Copa Xuvenil ante o Alavés

  O Celta Xuvenil de División de Honra empatou a ceros no partido de ida dos oitavos de final da Copa do Rei ante o Alavés. O duelo foi moi disputado, con ocasións para ambos os equipos, pero ningún foi capaz de perforar a portaría rival e a eliminatoria decidirase o vindeiro domingo 21 de … Continuación

Tempada histórica para a canteira celeste: os seus dez equipos, do filial cara abaixo, campións de Liga

  Tempada extraordinaria, histórica, para a canteira do RC Celta. O traballo e a dedicación dos técnicos, o esforzo dos xogadores, o inquebrantable compromiso do club para impulsar o desenvolvemento do seu fútbol base e o apoio da afección propiciaron que, cos resultados rexistrados este fin de semana, a totalidade dos equipos das categorías inferiores … Continuación

Guijuelo-Celta B: listaxe de convocados

  O adestrador do Celta B, Alejandro Menéndez, convocou a 16 xogadores para o partido da xornada 38 de Segunda División B, última do campionato, ante o Guijuelo (domingo, 18:00, Municipal de Guijuelo).   A listaxe fórmana Néstor, Ángel, Kevin, Samu, Caste, Robert, Roger, Brais, Gus, Borja Fernández, Dani Molina, Mera, Adrián, Hicham, Borja Iglesias e … Continuación

O Celta B non cede na súa caza do liderado (2-1)

Importante vitoria do Celta B ante un Caudal Deportivo en plena loita pola permanencia. Os celestes sumaron tres puntos con goles de Brais e Mera que lles permiten seguir unha semana máis na pugna polo liderado xunto a Cultural e Racing. A próxima xornada, última do campionato, o desenlace.   Partido confuso ante un rival … Continuación