Imágen genérica de cabecera RC Celta

1. Entradas desprazamentos

En que partidos como visitante se ofrecen entradas para os seareiros do RC Celta? 
Depende do equipo rival. O RC Celta solicita a cada rival unha cota de entradas para poñer a disposición dos afeccionados celestes. No caso de que exista dispoñibilidade de entradas o comunicamos aos nosos abonados a través de correo electrónico e na nosa web e redes sociais.Prezo, número de entradas e zona das entradas. 
Tanto o prezo como o número de entradas e a zona das mesmas ven dado equipo rival. O RC Celta non ten marxe de decisión nestes términos. A recadación é íntegra para o equipo rival.

 

Quen pode solicitar entradas para os desprazamentos?
Calquera abonado do RC Celta pode comprar unha entrada para cada desprazamento. As entradas están dispoñibles ata esgotar existencias, polo que se estás interesado nun desprazamento debes estar atento ás nosas comunicacións para coñecer o momento de posta a venda das entradas. En paralelo, o club reserva unha cota de entradas para a Federación de Peñas co obxectivo de facilitar a asistencia de peñistas do Celta que viven noutros territorios. As entradas desta cota xestiónanse directamente a través das diferentes peñas.

 

Como podo mercar a miña entrada?
A través da nosa plataforma de venta de entradas. Enviarémosche para cada desprazamento un recordatorio co ligazón web. Para realizar a túa compra debes indicar o teu ID carné + PIN (últimas catro cifras to DNI/CIF). Unha vez realizada a compra recibirás un xustificante da operación. Uns días antes do partido recibirás un correo con instruccións para trocar o teu xustificante pola entrada definitiva en papel que facilita o equipo rival.

 

Podo recoller a entrada no desprazamento?
O RC Celta ofrecerá a recollida da entrada definitiva tanto na Oficina de Abonados de Abanca Balaídos como na cidade do desprazamento. O detalle desta información facilitarase por correo electrónico aos compradores de cada partido.

2. Invitacións abonados históricos

Como solicitar a túa entrada de abonado histórico.

Cada abonado histórico poderá solicitar un máximo de 2 entradas por partido ata esgotar existencias (non disponibles partidos de día de club).

Online

  • Cada partido o Club enviará un correo co seu correspondente formulario e indicando o prazo de solicitude.
  • Lembra que as entradas de abonado histórico se ofrecen sempre excepto nos partidos de máxima capacidade (pero neste caso tamén enviaremos correo informando disto).
    • Se hai más invitacións dispoñibles que peticións se enviará a invitación por correo a todas as peticións.
    • Se hai más peticións que invitacións dispoñibles realizaremos un sorteo entre todas as peticións. No sorteo premiarase a antigüidade. Deste xeito:
    • Abonado Prata: Unha (1) participación no sorteo.
    • Abonado Ouro: Dúas (2) participación no sorteo.
    • Abonado Platino: Tres (3) participación no sorteo.
    Unha vez finalizado el prazo de solicitude, en el prazo max. de 72h se realizará o sorteo e contactarase con todos os abonados que solicitaron invitacións, para informar do resultado do resultado.

As entradas enviaranse vía email ata 48 h antes do partido.

Posteriormente á data indicada as entradas de históricos só poderanse solicitar o mesmo día de partido presencialmente.

Presencialmente

Na Oficina de Abonados de Abanca Balaídos o mesmo día de partido cun máximo de 150 entradas

  • Lembra que o proceso presencial demora uns 10-15min por persoa, polo que recomendamos solicitar as entradas online.

3. Incidencias carné de abonado

Que pasa se non encontro o carné o día de partido?

No caso de esquecemento, o Club procederá a emitir unha entrada de incidencia na mesma localidade que o abonado ten no estadio.

 

O máximo de entradas de incidencias por abonado nunha tempada é de tres.

 

Para solicitala deberá:

  • Presentarse na Oficina de Abonados o mesmo día de partido desde 2 horas antes do inicio.
  • Identificarse (ensinar o DNI ou un documento válido identificativo).

 

Unha vez comprobado que o abono non tivo acceso procederase á emisión da entrada, no caso de superar a cota non se emitirá ningunha.

Que pasa se perdín o carné de maneira definitiva?

Poderás solicitar un duplicado do teu carné de forma gratuíta contactando coa Oficina de Abonados fóra do día de partido, das seguintes formsa:

  • Por email, escribindo a [email protected] e indicando o teu nome, apelidos e DNI na mensaxe.
  • Por teléfono, chamando ao 986 213 230 ou no 986 213 234. Unha vez xestionada a solicitude, o Club contactarache para darche día e hora da recollida do duplicado pola Oficina de Abonados.

O primeiro duplicado da tempada é gratuíto, os seguintes terán un custo de 10€.

O máximo de entradas de incidencias por abonado nunha tempada é de tres.

O primer duplicado de carné de abonado é de balde, os seguintes terán un coste de 10€.

4. Cambio de asento

Actualmente non temos aberta a campaña de cambios de asiento, no caso de ter algunha incidencia contacta co departamento de abonados.

5. Abonos Miudiños (exclusivo para nenos menores de 5 anos)

A continuación indicámosvos todos os pasos necesarios para solicitar a alta dun abonado miudiño:

  1. SOLICITUDE DE ALTA: Para solicitar a alta hai que escribir un email a [email protected] indicando:
    • Datos do solicitante: Nome, apelido, dni e ID de abonado
    • Datos do miudiño: Deberá achegar un documento onde se vexa a data de nacemento e os datos do menor.
    • Unha vez feita a solicitude o Club poñerase en contacto para citalo nas oficinas e que proceda ao pago da alta (se corresponde)
  2. COTA DE ALTA:
    • Se o Abonado solicitante é o pai/nai do miudiño: exento
    • Se o Abonado solicitante non é o pai/nai do miudiño: 50€
    • No caso de ter que pagar unha cota, o pago realizarase de forma presencial en oficina de abonados do Abanca Balaídos.
  3. PERÍODO DE SOLICITUDE ALTA:
    • Se o miudiño é menor de 1 ano: Durante toda a tempada
    • Se o miudiño é maior de 1 ano: Só durante a campaña de altas.
  4. ACCESO AOS PARTIDOS:
    • Cada partido enviámoslles un email para que o poidan solicitalo a través dun formulario, ao non ter localidade asignada accederían co mesmo abono que lles entregamos.
  5. DEREITO A SOLICITUDE DE ASENTO:
    • Debido ás restricións de aforo actuais e ao ter acceso a todos os partidos só permitiríanse esa petición cando corresponda por idade (5 anos).

6. Abono diversidade funcional

O Club pón a disposición abonos cun desconto do 25% para aquelas persoas cun grao de diversidade funcional superior ao 65%.
Para solicitalo debes enviarnos un correo electrónico a [email protected] coa seguinte
información:

  • Copia de certificado que acredite unha minusvalía dun 65% como mínimo;
  • Manifestación de que prestas o teu consentimento explícito ao tratamento dos teus datos coas finalidades abaixo mencionadas.

Todas as solicitudes serán analizadas individualmente.

 

Por favor, ten en conta que en ningún caso obrigámosche a proporcionarnos estes datos para prestarche o servizo. Tes á túa disposición a oferta xeral de abonados sen ningún tipo de desconto para que poidas decidir libremente que opción prefires.

 

Así mesmo, informámosche que os teus datos serán tratados polo Real Club Celta de Vigo, S.A.D. en base ao teu consentimento coa finalidade principal de xestionar a renovación do teu abono e acreditar que cumpres os requisitos esixidos para obter o desconto conformidade coa normativa aplicable en materia de protección de datos. Así mesmo, poderemos tratar os teus datos persoais coa finalidade de adaptar as nosas instalacións e prever a atención necesaria para os colectivos con problemas de accesibilidade, se procede. Os teus datos serán conservados durante o tempo necesario para cumprir coas finalidades citadas. Os teus datos poderán ser cedidos a outras empresas do Grupo RC Celta unicamente con finalidades vinculadas ás finalidades de tratamento indicadas. Podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, así como outros dereitos, incluíndo a posibilidade de retirar o teu consentimento en calquera momento (sen prexuízo da licitud do tratamento realizado ata entón) ou poñerche en contacto co noso Delegado de Protección de Datos, na dirección [email protected] Podes obter información adicional na nosa Política de Privacidade.

Acompañante

O club estudará se é necesario incluír un acompañante para persoas con diversidade funcional. Se se comprobase que é necesario, o abonado dispoñería dunha invitación para cada partido.
O proceso para solicitala é o seguinte:

  • Enviar un email [email protected] informando do nome, apelidos e DNI do acompañante ata 48 h antes do partido.
  • O día de partido polo despacho de billetes de abonados poderá recoller a invitación.

7. Horarios de atención

Para calquera dúbida ou incidencia na campaña de altas poñerse en contacto a través dos seguintes canles:

PRESENCIAL

De 10 a 14h de luns a venres e de 17 a 19h martes e xoves.

EMAIL

Escribindo a [email protected]

TELÉFONO

Chamando ao 986 213 230 ou 986 213 234 en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas de luns a venres.

 

No caso de calquera dúbida relacionada con Abonados pode facerla a través de Escoitamos: https://rccelta.es/escoitamos/