Os pequenos presenciarán o quecemento a pé de campo e saltarán ao céspede cós xogadores cando soe o himno
Este sábado, con motivo do partido RC Celta-SD Eibar (22h, Balaídos), 22 nenos e nenas terán a oportunidade de vivir unha experiencia inesquecible grazas a Canal+. Estes afortunados terán a oportunidade de presenciar o quecemento dos equipos a pé de campo na previa do encontro e, posteriormente, descubrirán como sente ao ser recibido por toda unha afección, xa que cada un dos participantes sairá ao terreo de xogo da man dos xogadores dos dous onces titulares.
Esta acción finalizará cunha foto final co once celeste, un recordo especial para un día inesquecible. Os nenos poderán presenciar o encontro cos seus pais desde a bancada, onde gozarán dunha fantástica merenda xentileza de Grupo Pascual.