Hemeroteca celtismo

A afección celeste deixa patente a súa gran ilusión cunha cifra de altas espectacular

RC Celta

90anos_abonados.jpg

Uns dous mil afeccionados sumáronse á familia celtista

A campaña de abonados do Real Club Celta para a tempada 2013/2014 alcanza os últimos días da súa primeira fase, que conclúe o vindeiro luns, cunha cifra de altas espectacular, que deixa patente a enorme ilusión que o proxecto celeste xerou entre a afección: uns 2.000 seguidores acudiron ás oficinas de abonados para unirse á familia celeste.

Ata o vindeiro luns, incluído, as renovacións dispoñen dun 10 por cento de desconto ao que pode engadirse, ata un máximo dun 20, o dez por cento aplicable a accionistas e familias. Tanto as renovacións como as altas que se produzan ata ese día. Luns 15 incluído, dispoñen ademais dunha gran vantaxe adicional: estarán exentos de pagar os suplementos correspondentes aos Días do Club.

A resposta da afección durante as primeiras semanas de campaña foi espectacular e rexistráronse xa unhas 2.000 altas, unha cifra que desvela a gran ilusión que xerou o proxecto celeste.

Os despachos de billetes (renovacións) e a oficina de abonados (altas/outras xestións) abren hoxe venres e o luns de 9 a 14 e de 17 a 20 horas. A plataforma dixital www.celtavigo.org/abonosCelta manténse operativa as 24 horas do día, tamén durante a fin de semana.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas