bancada_cabreiroa_foto_familia.jpg
Celtismo

Máis de 400 galegos poderán vivir unha experiencia en familia única con ‘Bancada Cabreiroá’

RC Celta

bancada_cabreiroa_foto_familia.jpg

Cabreiroá segue apostando pola súa vinculación cos principais equipos galegos e a súa proximidade cos consumidores máis pequenos con ?Bancada Cabreiroá?, unha nova iniciativa que permitirá ás familias galegas vivir unha experiencia deportiva única.

 

Para iso, a marca de auga galega contará cun espazo privilexiado nos recintos deportivos do Dépor, Celta, Lugo e Obradoiro que permitirá que os máis pequenos vivan o deporte coas súas familias dunha maneira moi especial.

 

Grazas a “Bancada Cabreiroá”, os nenos poderán, na súa primeira visita a un recinto deportivo, visitar os vestiarios, pisar o céspede, gozar dun encontro cos xogadores, recibir obsequios oficiais dos clubs e, o máis importante, vivir ese momento de asistir ao pavillón do seu equipo acompañado da súa familia, un recordo indeleble.

 

Algúns dos partidos que se poderán vivir con especial emoción grazas a Cabreiroá serán o Celta-Málaga, o Deportivo-F.C. Barcelona ou Obradoiro-Valencia, entre outros.

 

Máis de 400 galegos poderán gozar desta exclusiva experiencia e agasallos oficiais dos seus clubs mediante unha mecánica promocional nos principais centros de alimentación de Galicia e tras a súa participación en www.bancadacabreiroa.es

 

En palabras de David Fernández, Product Manager de Augas de Fillos de Rivera, “con Bancada Cabreiroá queremos achegar o deporte galego ás familias e que os máis pequenos poidan vivir unha experiencia única gozando dese momento inesquecible de asistir por primeira vez a un recinto deportivo acompañado dos seus pais, algo que forxa a nosa paixón por unhas cores para toda a vida.”

 

Presentación en Verín
A iniciativa foi presentada esta tarde no Pavillón Municipal de Verín nun encontro moi especial entre os nenos das escolas deportivas do municipio e os xogadores Lucas Pérez, do Real Club Deportivo; Iago Aspas, do Real Club Celta de Vigo; Iriome González, do Club Deportivo Lugo; e Alberto Corbacho, do Monbus Obradoiro.

 

Durante o evento, os xogadores enfrontáronse ás preguntas dos máis pequenos e foron sorprendidos con vídeos de familiares cos que lembraron como se iniciaron no deporte e como foi a primeira vez que visitaron un recinto deportivo.

 

Ademais, houbo sorpresa tamén para os nenos xa que durante a presentación foron sorteadas as primeiras experiencias “Bancada Cabreiroá” que terán lugar no partido que enfrontarán ao Celta co Atlético de Madrid, o 22 de outubro, e o Obradoiro coa Gran Canaria o 11 de novembro.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas