Audiovisual

A afección concede a Lobotka o trofeo Xogador Estrella Galicia do mes de decembro

RC Celta





O centrocampista Stanislav Lobotka recolleu este xoves na Madroa o trofeo Xogador Estrella Galicia ao mellor xogador celeste do mes de decembro, un galardón concedido pola afección e cuxo destinatario se decide nunha votación aberta a través das redes sociais do club.

Do total de votos emitidos a través de Twitter e Facebook, o 75% foron destinados ao internacional eslovaco, mentres que o 16% recaeron en Hugo Mallo e o 9% restante no porteiro Rubén Blanco.

Un dos propietarios do Bar Caballo, Alberto Estévez Álvarez, foi o encargado de entregar o trofeo na cuarta entrega desta iniciativa que cada mes deixa en mans dos afeccionados do Celta a elección do que consideren mellor xogador dese período de tempo. De entre todos os participantes na votación, dous afortunados celtistas resultaron gañadores de entradas dobres para o partido de Liga ante o Real Betis: Daniel Ruiz (votou a Lobotka en Twitter) e Inma Gómez (votou a Hugo Mallo en Facebook).

Á súa vez, Alberto Estévez foi recoñecida como a Hostaleira Estrella Galicia do mes de decembro polo que recibiu de mans de Lobotka unha camiseta oficial do Celta asinada por todos os xogadores do plantel.

O futbolista céltico mostrouse “feliz” por recibir este premio, o cal supón “unha gran sorpresa porque en decembro tivemos moi bos xogadores”. O mediocampista agradeceu o apoio dos afeccionados e asegurou que seguirá “traballando duro para axudar ao equipo e crecer na clasificación”.

RC Celta

Etiquetas

Audiovisual Celta media Celta media Celta media Celtismo Fanzone

Noticias recomendadas