escudo_grande.jpg
Hemeroteca club

A Área de Seguridade e Instalacións renova o seu certificado de calidade ISO, pioneiro no mundo do fútbol

RC Celta

escudo_grande.jpg

 

O Real Club Celta continúa outorgándolle unha enorme importancia á calidade á hora de satisfacer as necesidades tanto dos seus clientes como das persoas ou entidades involucradas na súa actividade. A Área de Seguridade e Instalacións renovou o certificado do seu Sistema de Xestión da Calidade en Seguridade e Instalacións que concede AENOR, que certifica a súa efectividade e eficiencia.

 

Con esta iniciativa, que se plasmou nas últimas datas coa auditoría externa de AENOR, o club promove o concepto de mellora continua da eficacia do seu sistema, obxectivo permanente da entidade, como o de incrementar a satisfacción do cliente.

 

As directrices xerais que se establecen para a consecución destes obxectivos son as seguintes:

 

Lograr a plena satisfacción dos clientes do club, proporcionándolles servizos e produtos acordes cos requisitos, necesidades, expectativas e especificacións establecidas, incluíndo as normas ou lexislación vixente.

 

Lograr a plena satisfacción do persoal da organización conseguindo as condicións de traballo idóneas para o desenvolvemento da actividade.

 

Superar as expectativas dos clientes en relación ao servizo e produto solicitado.

 

Afirmar a filosofía de renovación da empresa.

 

O Sistema de Xestión da Calidade foi ideado ademais para que se traballe de forma constante sobre a prevención dos defectos, máis que sobre a súa corrección.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas