Hemeroteca club

A camiseta especial de adidas estará mañá á venda nas tendas do Real Club Celta

RC Celta

adidas-ivan_01.jpg

Haberá un número limitado de prendas con tallas que van desde a 14 ata a XXL. 

 

A camiseta especial que adidas e o Real Club Celta lanzan con motivo da continuación da relación entre ambas as entidades estará desde mañá á venda nas tendas oficiais do club. A camiseta, unha das de maior calidade da prestixiosa firma alemá, pode adquirirse por 65 euros e as tallas dispoñibles van desde a 14 até a XXL.

 

O equipo vigués estreará esta camiseta no partido de volta dos oitavos de final da Copa do Rei que disputará no Estadio Santiago Bernabeu o día 9 do presente mes. A camiseta de adidas mantén a tipoloxía das letras, de inspiración galega, así como o triskel, e introduce os chevrones na parte dianteira, algo que a partir destes momentos levarán, por petición de Citroen, todos os equipamentos oficiais do Club.

 

adidas-ivan_02.jpg

 

Esta camiseta especial inclúe poliéster entrelazado deportivo, axuste Formotion -tecnoloxía rexistrada por adidas que fai que a camiseta se adapte ao corpo para proporcionar maior liberdade de movemento e comodidade durante o exercicio- e a tecnoloxía de ventilación ClimaCool, que mantén ao deportista fresco e seco en pleno esforzo.

As tendas do club, tanto no estadio de Balaídos como no Corte Inglés, terán desde mañá a disposición dos afeccionados un número limitado de camisetas, nas que, como no resto de produtos oficiais, os abonados gozarán dun desconto do 10 por cento. O horario de apertura das tendas celestes en Balaídos é de luns a sábado de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

 

*Na foto Iván Villar, porteiro do Celta Xuvenil B

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas