Hemeroteca club

Carlos Mouriño protagoniza este venres un encontro dixital con vigueses e celtistas (2)

RC Celta

 

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, protagonizará o vindeiro venres 7 de abril ás 13 horas un encontro dixital cos vigueses e celtistas a través de Celta Media e as redes sociais do club.

 

Mouriño comezará o encontro, que se poderá seguir en directo na canle de Youtube do club, https://www.youtube.com/RealClubCeltadeVigo, e Facebook, Facebook.com/rccelta, cunha exposición sobre a situación deportiva e unha reflexión sobre o futuro do RC Celta. A continuación, contestará ás preguntas de vigueses e afeccionados sobre estes asuntos que cheguen tanto a través da conversación de Youtube como de Facebook e Twitter co hashtag #OfuturodoCelta.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas