As oficinas de Balaídos rexistraron este luns unha gran e continua afluencia de afeccionados
ABONOS ONLINE: www.celtavigo.org/abonosCelta
CONTACTO ABONADOS: 986.21.32.30 / [email protected]
A Campaña de Abonados Anuais rexistrou nos últimos días un importante número de altas e renovacións, en especial este luns, no que a presenza de afeccionados na oficina de abonados foi constante ao longo de todo o día. Debido a este crecente ritmo na xestión de abonos anuais, o club decidiu ampliar a campaña ata o martes 31 de decembro.
Os abonados que renoven ata a devandita data poderán beneficiarse do desconto especial polo 90 aniversario, unha rebaixa do 10% sobre o custo do abono acumulable ao desconto de accionista ou familiar ata un máximo do 20%. Ademais, tanto renovacións como altas tramitadas até fin de ano quedarán exentas de pagar suplemento nos partidos designados como “Día do Club”.
A partir do 31 de decembro as renovacións terán o mesmo custo que as altas, aínda que sen a cota que se aplica a estas últimas. En ambos os casos, pagarán suplemento os días de club e os prezos que se aplicarán serán os propios da campaña anual 2014.
Mantéñense as habituais facilidades de pago a través da tarxeta comercio e Crediventa. Os que opten por fraccionar o seu abono poden facelo até seis meses sen intereses ou en nove e doce cun pequeno cargo.
O horario das oficinas de abonados é de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, salvo os días 24 e 31 de decembro, no que só abrirá en horario matinal, de 10.00 a 14.00 horas. Tamén poden tramitarse tanto altas como renovacións online a través de www.celtavigo.org/abonosCelta, dispoñible as 24 horas do día