A campaña de abonados do RC Celta acaba de cumprir a primeira semana con máis de 1.600 renovacións e 600 solicitudes de alta. Os datos son superiores, por exemplo, aos da tempada 2013/2014, cando se tramitaron no primeiros sete días 1.500 renovacións e unhas 600 altas tras a consecución da histórica permanencia do 4%.
Os afeccionados celestes han agradecido a facilidade e comodidade para renovar o seu abono, que este ano se tramita de maneira online na páxina istovaidecorazon.com e nos caixeiros de Abanca e non nas billeteiras do estadio. Así mesmo, a solicitude de novas altas debe xestionarse online na citada web e permanecerán en lista de espera ata coñecer a capacidade dispoñible no estadio o próximo 19 de xullo.
Todos os abonados teñen a opción de renovar o seu carné nos caixeiros de Abanca co recibo que xa están a recibir nos seus domicilios e que se poderá pagar con tarxeta de calquera entidade ou en efectivo. Todos aqueles a os que aínda non lles chegase poden descargarllo na páxina abonados.rccelta.es
As billeteiras de Abanca Balaídos permanecen abertas de luns a venres en horario ininterrompido de 09:00 a 15:00 horas para atender consultas, incidencias ou cambios de localidade.