mais
As Celtas

A Copa Máis Enerxía, unha aposta pioneira que reúne a máis de 600 xogadoras en A Madroa

RC Celta

A primeira edición da Copa Máis Enerxía, oranizada polo RC Celta en colaboración coa compañía enerxética Máis Enerxía Galega, estreouse esta fin de semana en A Madroa como unha aposta pioneira polo fútbol feminino base a nivel nacional.

Esta importante cita deportiva reuniu na casa de As Celtas a máis de 600 futbolistas, coa participación dun total de 40 equipos chegados desde diferentes zonas de Galicia e Portugal, que converteron esta primeira edición nunha convocatoria sen precedentes na nosa comunidade.

Durante dúas xornadas maratonianas, as novas futbolistas —das categorías F-8 e F-11— demostraron o seu talento co balón e o seu afouteza fronte a unhas condicións meteorolóxicas adversas, sobre todo durante a xornada do sábado.

A Copa Máis Enerxía nace coa clara vocación de converterse nun referente do fútbol base feminino en Galicia, non só como unha cita de carácter deportivo, senón que é un evento que ten o obxectivo de xerar oportunidades para todas as nenas e mozas que gozan xogando ao fútbol e que ven neste deporte un proxecto ou unha ilusión a futuro. A día de hoxe, non existe ningún outro torneo similar centrado exclusivamente en xogadoras de canteira, unha singularidade que foi posta en valor tanto pola entidade celeste como por Máis Enerxía, que comparten unha firme aposta polo desenvolvemento do talento feminino no deporte.

Desde o club tiñamos claro que era necesario dar este paso, o crecemento do fútbol feminino é unha realidade e quedan moitos espazos por conquistar. Con esta Copa queremos ofrecer un lugar no que as nenas poidan competir, gozar e crecer en igualdade de condicións”, explica Humberto Lede, coordinador de As Celtas.

Mentres, pola súa banda, o responsable de comunicación de Máis Enerxía Galega, patrocinador oficial de As Celtas e provedor enerxético do RC Celta, subliñan a importancia de acompañar ao deporte desde a base: “non só trátase de iluminar estadios, senón tamén de acender oportunidades. Esta Copa é iso: unha oportunidade para moitas nenas de vivir a súa paixón e proxectarse cara ao futuro”.

A excelente acollida por parte de clubs, adestradores e familias confirman a necesidade de consolidar este torneo no calendario anual do fútbol galego e nacional. Unha forma de abrir camiños novos para o deporte feminino desde a base onde Galicia xa ten un torneo de referencia a nivel nacional para as futuras xeracións de futbolistas.

RC Celta

Etiquetas

As Celtas As Celtas Novas club Novas destacadas O Club

Noticias recomendadas