
As Celtas separan os seus camiños dos de Sol Moreno, Irene Fernández e Paula Lorenzo, que pechan a súa etapa no club tras unha tempada importante para o crecemento do proxecto.
As tres foron parte fundamental dun grupo que seguiu dando pasos adiante e deixando pegada na historia do celtismo. Máis alá da súa achega sobre o terreo de xogo, marchan co cariño de toda a afección polo seu compromiso, traballo e entrega nunha etapa pioneira para As Celtas.
O Celta agradécelles todo o vivido e deséxalles moita sorte nos seus vindeiros retos.
Sorte, celestes!