Hemeroteca celtismo

A Porta 1923 abre este sábado cun innovador ‘chisco’ ás peñas

RC Celta

balaidos-universal-logo-blue.jpg

Imaxes de peñistas na ‘U Televisiva’ e nos smartphones de celtistas de todo o mundo

 

Regresa o fútbol a Balaídos, este sábado ante o Sevilla, e a partir das 17.00 horas abre de novo a Porta 1923, unha vez máis con novos contidos para os celtistas de todo o mundo. Para este apaixonante encontro, a aplicación do proxecto Balaídos Universal mostrará aos afeccionados celestes un pioneiro ‘chisco’ ás peñas do Celta, que se asomarán aos smartphones de todo o mundo e ao propio estadio a través do valado electrónico de publicidade que rodea o terreo de xogo.

 

Aos seus xa habituais contidos, a Porta 1923 sumará este sábado con motivo do partido ante o Sevilla (Balaídos, 18.00 horas) unha innovadora proposta con protagonismo para algunhas das peñas celtistas, que se asomarán aos smartphones dos afeccionados antes e durante o encontro. Dentro dunhas semanas, no choque ante o Valladolid celebrarase o Día das Peñas, e Porta 1923 realizará unha homenaxe a estes colectivos celtistas con novas iniciativas.

 

Este sábado, a aplicación de Balaídos Universal ofrecerá imaxes dunha singular actividade, a ‘marcha’ dos peñistas desde Pórta do Sol, onde a cidade celebra a súa Festa da Reconquista, ata o estadio de Balaídos para animar ao equipo no seu complicado choque ante o Sevilla.

 

Xa durante o partido, na U Televisiva, conformada polo valado electrónico de publicidade que rodea o terreo de xogo, os peñistas terán un gran protagonismo. Estes soportes publicitarios mostrarán as fotografías enviadas por algunhas peñas a Balaídos Universal, que desta maneira poderanse ver no propio estadio e nos smartphones dos celtistas de todo o mundo.

 

A estes innovadores contidos sumaranse os xa habituais: o quecemento do equipo, o himno a cappella, imaxes dos videomarcadores e dos afeccionados no estadio e a celebración dos goles.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas