ESCUDO-1300x400-02
O Club

A renovación en directo de Eduardo Coudet impacta a nivel mundial

RC Celta

O RC Celta comunicou onte, nun acto sen precedentes, a renovación do seu adestrador até 2024 a través de Facebook Live xunto ao presidente do club, Carlos Mouriño. No evento, realizado en directo desde a Cidade Deportiva Afouteza, os afeccionados tiveron un importante papel: foron os encargados de realizar as preguntas a Eduardo Coudet e presidente, quen deron resposta ás inquietudes do celtismo.

O anuncio dunha noticia tan importante para todo o celtismo causou un gran ruído nas redes sociais, e iso traduciuse nuns números espectaculares no Facebook Live, cun pico de audiencia no minuto de ouro de 1.214 espectadores, tendo un alcance total de 18.705 usuarios, unha clara mostra da ilusión que causa o proxecto 2021/22 na masa social celeste.

Desde o RC Celta quíxose dar un papel protagonista á afección, abrindo quenda de preguntas tanto para Carlos Mouriño, presidente do club, como para Eduardo Coudet, adestrador. O impacto foi sensacional, chegando a desbordar o acto cun total de 1.318 interaccións en forma de preguntas e comentarios.

En comparación con publicacións anteriores do club na rede social Facebook, o acto de ampliación de contrato do técnico arxentino multiplicou por 131 os comentarios, por 12 as reproducións e até por 15 o tempo medio de reprodución, sendo todo un éxito.

Un evento visto ao longo e ancho do mundo, con reproducións simultáneas desde Perú, México, Arxentina, Brasil, Portugal, Suíza, Inglaterra, Francia, Estados Unidos, Chile, Italia, Bolivia, Colombia, Xapón, Marrocos e Alemaña.

Ademais, nun día onde o impacto mediático futbolístico centrouse noutro acontecemento, as redes sociais do RC Celta obtiveron un fantástico terceiro posto en número de interaccións en Twitter de entre todos os clubs de Primeira División, só superado por Real Madrid e FC Barcelona.

Como non podía ser doutra forma, a ampliación do vínculo entre club e adestrador chamou a atención dos medios de comunicación máis importantes, tanto a nivel nacional como a nivel internacional, sendo referencia en países como Arxentina, Perú ou México.

Un acto no que o RC Celta pon de manifesto a súa intención por achegarse o máximo posible á súa afección despois dun ano tan duro no que, a pesar da distancia, sempre se sentiu o seu alento ao máis alto nivel.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas