Un dos proxectos máis ilusionantes que o RC Celta e a Fundación expuxeron para A Sede é xa unha realidade. A residencia da canteira alberga a 27 xogadores das categorías inferiores, entre eles nenos procedentes de China no marco do convenio asinado con Wanda. Os mozos canteiráns dispoñen de cómodas e funcionais habitacións, zona de xogo e uso común, cociña e lavandaría. Son unhas instalacións ideadas para facilitarlles aos xogadores o día a día e fomentar a convivencia nun espazo único no centro da cidade.