Hemeroteca celtismo

A tenda do Celta reabre este xoves coas novas camisetas á venda

RC Celta

adidas-nueva1camiseta.jpg

A partir das 10h comezarán a despacharse as camisetas da primeira e da segunda equipación

 

A tenda do Celta en Balaídos reabre as súas portas este xoves coas novas camisetas 2015/2016 xa á venda. Tanto a elástica do primeiro equipamento como a da segunda teñen un custo de 65€ para o público xeral, un prezo que conta cun 10% de desconto para aqueles abonados que presenten o seu carné en vigor no momento da compra. As camisetas tamén poderán adquirirse a partir de mañá na zona do Celta no Corte Inglés de Vigo e na web oficial da tenda: www.tiendacelta.com

 

Por outra banda, o establecemento de Balaídos seguirá ofrecendo a roupa Adidas da pasada tempada cun 70% de desconto, salvo as camisetas de xogo. A tenda céltica abre de luns a sábado en horario de 10 a 14 e de 17 a 20h.

 

adidas-nueva2camiseta.jpg

 

Campaña de Abonados: vantaxes especiais ata o venres

Dada a gran afluencia de afeccionados nos despachos de billetes do estadio durante os últimos días, o club decidiu prolongar o prazo para abonarse con vantaxes especiais: desconto nas renovacións e exención no pago de suplementos nos partidos designados como ‘Días do Club’.

 

Os afeccionados que non tramitaron o seu abono durante xuño están a tempo de aproveitar as condicións promocionais ata este venres. Os despachos de billetes manteñen o seu horario ininterrompido de 09:00 a 20:00h e a web www.celtavigo.org/abonosCelta permanece operativa as 24 horas do día.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas