Hemeroteca celtismo

A tenda oficial pon mañá á venda unha nova remesa da camisola edición especial de adidas

RC Celta

adidas_-_remesa2_-_01.jpg

A prenda pode adquirirse por 65€ o público en xeral e 58,5€ os abonados

 

Tras a exitosa acollida que tivo a camiseta edición especial de adidas, esgotada en tan só un día, a tenda oficial do Real Club Celta pon á venda a partir de mañá unha ampla remesa da elástica que o equipo vigués luciu na volta dos oitavos de final da Copa do Rei, ante o Real Madrid.

 

A camiseta, unha das de maior calidade da firma alemá, mantén a tipoloxía das letras de inspiración galega, así como o triskel, e introduce os chevrones na parte dianteira, algo que levarán todos os equipamentos oficiais do club a partir de agora por petición de Citroën.

 

Esta camiseta especial inclúe poliéster entrelazado deportivo, axuste Formotion -tecnoloxía rexistrada por adidas que fai que a camiseta se adapte ao corpo para proporcionar maior liberdade de movemento e comodidade durante o exercicio- e a tecnoloxía de ventilación ClimaCool, que mantén ao deportista fresco e seco en pleno esforzo.

 

A peza pode adquirirse a partir de mañá na tenda oficial do club, situada no estadio de Balaídos, por un prezo de 65 euros para o público en xeral e de 58,5 euros para os abonados do Real Club Celta. Ademais, nos próximos días a tenda oficial do Celta no Corte Inglés tamén porá numerosas unidades da elástica á venda.

 

O horario de apertura da tenda celestes en Balaídos é de luns a sábado de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

 

adidas_-_remesa2_-_02.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas