20260223_AdriPartido_CELTAvsMALLORCA_Aficion-22
Celtismo

Á venda as entradas do Celta-Oviedo!

RC Celta

Xa podes comprar a túa entrada para o partido entre o Celta e o Real Oviedo, correspondente á Xornada 31 de Laliga EA Sports, que se disputará en Abanca Balaídos o vindeiro domingo, 12 de abril, ás 18.30 horas.

A partir de hoxe mesmo ás 12.00 horas, as entradas estarán dispoñibles para Carné Celtista desde 25 euros. Pasadas as primeiras 24 horas abrirase ao público xeneral desde un prezo de 30 euros.

E agora vir a Abanca Balaídos é moito máis que gozar dun partido de fútbol. Xa están á venda todas as experiencias para vivir o Celta dunha maneira especial, cantar o himno “Oliveira dous Cen Anos” en directo, sentir a paixón da bancada, ver o quecemento sobre o céspede, coñecer todas as reviravoltas do estadio, ser un dos abanderados do encontro ou lanzar penaltis como un dos teus ídolos tras o asubío final. Consulta AQUÍ todas as experiencias únicas coas que gozarás do noso templo como nunca antes.

Vémonos, afección!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas