Formulario de
Solicitude de entradas RC Celta – Granada

RC Celta – Granada
27/09/2021 – 21:00h, Abanca Balaídos

 

Debido ás restricións de capacidade marcadas polas autoridades sanitarias todos os abonados interesados en asistir a este partido deben solicitar entrada a través do seguinte formulario. No caso de ter máis solicitudes que capacidade dispoñible realizarase un sorteo, priorizando o 50% das butacas para os abonados inscritos con maior antigüidade.

 

Para facilitar o acceso acompañado ofrecemos a posibilidade de solicitar no mesmo formulario a entrada dun acompañante, que tamén debe ser abonado. Ten en conta que á hora de priorizar a antigüidade terase en conta a do abonado que cobre o formulario como primeiro solicitante.

 

 

Lembra que todas as entradas son nominais. No acceso ao recinto solicitarase documento de identificación que debe coincidir co nome incluido na entrada.

 

Teña en conta que os menores de 14 anos deben acceder ao campo acompañados dun adulto. O club non pode garantizar a entrada conxunta cun menor se non se fai a través da opción de incluir un acompañante.

 

Podes solicitar a túa entrada ata as 18:00 do mércores 22/09/2021.