entradas
Celtismo

Á venda as entradas para o Celta – RCD Mallorca

RC Celta

Xa podes facerte coa túa entrada para o partido entre o Celta e o RCD Mallorca, correspondente á Xornada 25 de Laliga EA Sports, que se disputará en Abanca Balaídos o vindeiro domingo, 22 de febreiro, ás 18:30 horas.

A partir de hoxe ás 12:00 horas, as entradas estarán dispoñibles para Carné Celtista desde 20 euros. Pasadas as primeiras 24 horas, abrirase ao público xeral desde un prezo de 25 euros.

Non perdas a oportunidade de vivir o Celta dunha maneira especial, cantar o himno “Oliveira dos Cen Anos” en directo, sentir a paixón da bancada, ver o quecemento sobre o céspede, coñecer todos os recunchos do estadio ou lanzar penaltis como un dos teus ídolos tras o asubío final. Consulta AQUÍ todas as experiencias únicas coas que gozarás de Abanca Balaídos como nunca antes.

Vémonos, afección!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas