xxiii-trofeo-memorial-quinocho-celta-vigo-mainz.jpg
Celtismo

Á venda as entradas para o Quinocho ao prezo de 5 euros

RC Celta

Xa están á venda nas billeteiras  do estadio de Abanca Balaídos as entradas para o Memorial Quinocho, no que o RC Celta medirase o día 11 de agosto ás 19.30 horas ao Mainz 05.

Ademais de servir para homenaxear ao eterno xogador e gerente do club Joaquín Fernández Santomé ‘Quinocho’, a vixésimo terceira edición do torneo terá un marcado compoñente solidario: toda a recaudación irá destinada aos veciños de Paramos e Guillarei, en Tui, pola explosión dun almacén pirotécnico o pasado mes de maio.

As entradas terán un custo único de 5 euros para o público xeral, mentres que os abonados do RC Celta poderán acceder co seu carné. Ademais, habilitouse unha conta solidaria para aqueles afeccionados que non poidan acudir ao partido e desexen apoiar a iniciativa: É80 2080 5066 7330 4003 5840.

A grada de Marcador non estará dispoñible neste encontro debido ao evento organizado na explanada desta grada pola Federación de Peñas do RC Celta con motivo do seu XXV aniversario. Os abonados de Marcador que queiran asistir ao partido terán que retirar nas taquillas unha invitación para a gradas de Gol, Rio Baixo e Rio Alto ata esgotar aforo (o día de partido poderán facelo ata as 18.00 horas).

As taquillas do estadio Abanca-Balaídos permanecen abertas de luns a venres en horario de 09:00 a 15:00.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas