
Xa están á venda as entradas para a sétima xornada de LaLiga EA Sports, na que o Celta e o Real Racing Club de Santander se enfrontarán en Abanca Balaídos o vindeiro 19 de setembro ás 18:30 h.
Desde hoxe mesmo ás 12:00 horas, as localidades estarán dispoñibles para o Carnet Celtista desde 20 euros.Transcorridas as primeiras 24 horas, abrirase a venda ao público xeral cun prezo desde 25 euros.
Vir a Abanca Balaídos é moito máis que gozar dun partido de fútbol, é vivir o Celta dunha maneira especial, cantar en directo o himno Oliveira dos Cen Anos, sentir a paixón da bancada, ver o quecemento sobre o céspede, coñecer todos os segredos do estadio, ser un dos abandeirados do encontro ou lanzar penaltis como un dos teus ídolos tras o asubío final.
Consulta AQUÍ todas as experiencias únicas coas que gozarás do noso templo como nunca antes.
Agardámosvos!