20260313_AdriPartido_CELTAvsLYON_Aficion
Celtismo

Á venda as entradas para os partido en casa ante Elche e Levante

RC Celta

Xa podes conseguir as túas entradas para os partidos do Celta ante o Elche CF e ante o Levante UD, correspondentes á Xornada 34 e 36 de Laliga EA Sports, que se disputarán en Abanca Balaídos, ambos aínda con data e hora pendente de confirmar.

A partir de hoxe mesmo ás 12.00 horas, as entradas destes dous encontros en casa estarán dispoñibles para Carné Celtista entre os 20 e 25 euros. Pasadas as primeiras 24 horas abrirase ao público xeneral desde un prezo de 25-30 euros.

E agora vir a Abanca Balaídos é moito máis que desfrutar dun partido de fútbol. Xa están á venda todas as experiencias para vivir o Celta dun xeito especial, cantar o himno “Oliveira dos Cen Anos” en directo, sentir a paixón da bancada, ver o quecemento sobre o céspede, coñecer todas as reviravoltas do estadio, ser un dos abanderados do encontro ou lanzar penaltis como un dos teus ídolos tras o asubío final. Consulta AQUÍ todas as experiencias únicas coas que desfrutarás do noso templo como nunca antes.

Vémonos, afección, nun inicio de maio cargado de fútbol!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas