Hemeroteca celtismo

Á venda online e no despacho de billetes as entradas para o partido ante o Barcelona

RC Celta

preciosbarcelona1516.jpg 

Nova fase de altas de abonos con disponibilidade en todas as bancadas salvo Preferencia

 

As entradas para o partido ante o Fútbol Club Barcelona, que terá lugar en Balaídos o mércores 23 de setembro ás 20.00 horas, xa están á venda nos despachos de billetes do club en Balaídos e online a través da web oficial. Ademais, unha vez finalizada a campaña de abonados, o club abre unha nova fase de altas con dispoñibilidade en todas as bancadas salvo Preferencia.

 

Os afeccionados celestes xa poden comprar as súas entradas para o partido ante o Barcelona, tanto online a través do despacho de billetes virtual, http://www.celtavigo.org/taquillaCelta, como nas dependencias de Balaídos de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. Os prezos en categoría sub 25 oscilan entre os 50 e os 70 euros, mentres que para adulto hai billetes desde 65 ata 100 euros.

 

Este partido enmárcase nos declarados como días do club, polo que os abonados que renoven ou tramiten a súa alta despois do día 3 de xullo deberán abonar un suplemento de 20 euros para a categoría adulto, de 10 para sub-25, sub-15 e maior de 65 e de 5 euros para os menores de 8.

 

Ademais, o club puxo en marcha unha nova etapa de altas de abonos nas bancadas de Gol, Marcador, Río Alto, Río Baixo e Tribuna coas mesmas condicións que as establecidas na última fase da campaña recentemente finalizada. Os novos abonados terán unha cota de alta de 85 euros en categoría adulto e 45 no resto e deberán adquirir suplemento nos partidos designados como Días do Club.

 

 ALTAS010915ok.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas