
Correos puxo hoxe en circulación o selo “Equipos de Fútbol Centenarios”, pertencente á serie “Deportes”, unha emisión coa que se conmemoran os cen anos do club celeste xunto aos doutros tres históricos do fútbol español como son o Rayo Vallecano, o Real Oviedo e o Real Murcia.
Con formato de folla bloque, o selo ten un custo de 4 euros e unha tirada limitada de 65.000 exemplares, converténdose nunha peza practicamente de coleccionista para afeccionados ao fútbol e ao coleccionismo postal. Está dispoñible nas oficinas de Correos e ademais, tamén poderá adquirirse online.
Esta homenaxe recoñece a dimensión histórica e social do Celta no fútbol español, así como o gran momento deportivo que atravesa a entidade celeste tras clasificarse para competición europea por segunda tempada consecutiva.
Un símbolo que lembra os nosos Cen Anos de Afouteza e Corazón e que levará o sentimento celeste máis aló das nosas fronteiras.