ESCUDO-1300x400-01
O Club

As emisións da pretempada celeste en Facebook Live despídense cun seguimento internacional e sobresaínte

RC Celta

O celtismo estaba a desexar ver o novo proxecto do RC Celta en acción e, grazas ás emisións en directo do club en Facebook Live, a fame de fútbol celeste da afección viuse sobradamente colmado.

Atlético Sanluqueño, Pafos FC, Gil Vicente e Wolverhampton Wanderers foron o catro rivais de pretemporada do conxunto adestrado por Eduardo Coudet, tres encontros amigables que reuniron virtualmente aos afeccionados célticos de todo o mundo. España, Perú, México, EEUU, Arxentina, Colombia, Chile, Portugal, Italia, Reino Unido, Francia, Suíza, Ecuador… Unha infinidade de países desde os que se seguiron os primeiros pasos do RC Celta 21/22.

A audiencia acumulada do catro partidos foi destacada, moi superior á media rexistrada habitualmente polo club no seu perfil oficial de Facebook. Case 100.000 espectadores seguiron as retransmisións en directo, xerando preto de 900.000 minutos reproducidos e máis de 11.000 interaccións.

Ademais, as emisións de pretemporada serviron para gozar dunhas voces moi especiais á fronte da narración dos encontros: Fernando e Darío, os dous gañadores do cásting “A Voz do Celtismo”. Estes dous mozos celtistas cumpriron un soño coa oportunidade de exercer de narradores do equipo dos seus amores, unha experiencia inesquecible na que ademais exerceron a un nivel sobresaliente.

Os amigables de preparación chegaron ao seu fin e o equipo só pensa agora no debut en LaLiga 21/22 ante o Atlético de Madrid en Abanca Balaídos. O club continuará traballando para, ao longo da tempada, seguir achegando o equipo aos afeccionados a través de contidos en vídeo atractivos e exclusivos, unha das grandes apostas do RC Celta.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas