20260609_Celta360_Visita_Rueda-16
Celta360

Avanzan a gran ritmo as obras de Celta360: “En setembro de 2027 abriremos as primeiras instalacións”

RC Celta

Esta semana, as obras de Celta360 recibiron a visita do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; e do reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, que percorreron as instalacións xunto á presidenta do Celta, Marián Mouriño.

A visita permitiu comprobar o gran avance dun proxecto que continúa cumprindo os prazos previstos e que xa comeza a mostrar a dimensión do que será un dos grandes complexos deportivos, formativos e de innovación vinculados ao fútbol en España.

Durante o percorrido, Marián Mouriño destacou o bo ritmo dos traballos e lembrou que a primeira fase de Celta360 estará operativa en setembro de 2027. Para entón, abrirán as súas portas as novas oficinas centrais do club, a área formativa e varios campos de adestramento, dando un paso decisivo no crecemento da entidade celeste. “Este é un proxecto estratéxico para o futuro do club e cada visita permítenos comprobar como se achega o momento de facelo realidade”, sinalou a presidenta.

Impulsado polo club en colaboración con distintas institucións, Celta360 aspira a converterse nun espazo de referencia para o deporte, a formación, a investigación e a innovación, reforzando ademais a proxección internacional do Celta e de Galicia.

RC Celta

Etiquetas

Celta360

Noticias recomendadas