A alerta climatoloxía prevista en Vigo para o vindeiro venres 30 de decembro, e atendendo a estritas razóns de seguridade, obrigaron ao Real Club Celta a pospoñer os eventos exteriores programados na previa do partido ante o Sevilla Fútbol Club.
Iso si, no interior de Abanca Balaídos seguirase mantendo as actividades programadas e vivirase unha gran celebración de inicio do Centenario celeste. Os afeccionados poderán celebrar nas súas bancadas o inicio do ano do Centenario coas Badaladas 2023, coas súas 12 uvas correspondentes.
Ademais dun xogo de luces, bandeiras e música que farán grande un partido que marca o inicio dun ano apaixonante. Todo o celtismo ten unha cita este venres ás 19:00 h, no interior de Abanca Balaídos coa decimoquinta xornada de LaLiga, para dar o primeiro paso de saída cara a un Centenario que se vivirá con toda a ilusión, Afouteza e Corazón no RC Celta.
As actividades exteriores canceladas polo mal tempo serán pospostas ao próximo partido de LaLiga ante o Vilarreal o vindeiro venres 13 de xaneiro.