Con máis de 30.000 carnés xestionados, o Carné Celtista é unha das iniciativas recentes do club con mellor recepción. Afeccionados de Galicia, España e o mundo xa teñen un anaquiño de Celta nas súas mans que os acredita como membros do seu club.
Agora, como parte da súa estratexia de internacionalización, o RC Celta lanza unha campaña para difundir o Carné Celtista a nivel mundial, dirixida a todos os celtistas internacionais, pero especialmente aos galegos na diáspora.
“Baixo un mesmo ceo”, unha peza audiovisual rodada durante seis meses en seis países diferentes, é a espectacular carta de presentación ao mundo do Carné Celtista. Producido e realizado polo director turco Utku Kemal, o anuncio da campaña internacional do carné celeste reflicte a forza dunha identidade compartida que conecta aos celtistas en cada recuncho do mundo. Desde Xapón ata Alemaña, pasando por Turquía, Emiratos Árabes Unidos, Estados Unidos e Casaquistán, diversos celtistas aparecen unidos por unha paixón común.
Utku Kemal é un realizador audiovisual turco apaixonado do Celta. O director xa colaborou no pasado co club vigués, cun anuncio do primeiro equipamento da tempada 22/23, co que sorprendeu a todo o celtismo. Kemal, de novo xunto ao actor Ulvi Kahyaoglu, repite a emotiva fórmula da súa primeira creación celtista e lévaa un paso máis aló, creando unha gran homenaxe ao celtismo no mundo, a diáspora galega e aos afeccionados que se namoran dun club na distancia, moitas veces co único vínculo de compartir uns valores comúns.
O RC Celta quere agradecer a Utku Kemal a súa implicación e dedicación nesta produción, así como á afección celeste polo seu apoio incondicional e gran acollida do Carné Celtista.
Esteas onde esteas, baixo un mesmo ceo, SEMPRE CELTA!
Faite celtista en rccelta.es/celtistas.