celebracion gol celta b zamora 221120
Celtismo

Barreiro acollerá a 300 abonados este domingo ante a SD Compostela

RC Celta

celebracion gol celta b zamora 221120

O Celta B recibe este domingo en Barreiro á SD Compostela, ás 12.00 horas, na sétima xornada do presente campionato. Seguindo os protocolos sanitarios correspondentes adecuados á capacidade de Barreiro e tras a última autorización da Xunta de Galicia*, o RC Celta dará acceso a un total de 300 abonados cumprindo as directrices marcadas polas autoridades.

Poderán obter entradas, de maneira gratuíta, todos aqueles abonados que renovasen xa o seu carné ou se deron de alta de face á tempada 20/21 e entre eles terán prioridade aqueles que non acudiron ao encontro ante o Zamora e os que que na pasada campaña optaron polo moedeiro dixital, realizaron unha doazón á Fundación ou renunciaron á devolución.

Para acceder ás entradas tan só será necesario cubrir un simple formulario cos datos persoais de cada abonado máis a IDE do seu carné, que está dispoñible nos carnés de tempadas anteriores. Os abonados que se deron de alta este ano non terán que cubrir ese campo.

Todos os interesados poderán solicitar a súa entrada, até esgotar existencias, desde este mércores ás 12:00 da mañá nesta ligazón e até o venres ás 20.00 horas. Entregaranse por orde de petición atendendo ás prioridades mencionadas con anterioridade.

 

  • * O día 2 de decembro, data na que se iniciou a tramitación de entradas, o máximo aforamento permitido no campo de Barreiro era de 150 persoas
RC Celta

Etiquetas

Celtismo O Club

Noticias recomendadas