sempre celta grafica 1
Celtismo

Gran ritmo na tramitación de carnés co regreso de público a Abanca Balaídos no horizonte

RC Celta

sempre celta grafica 1

Cando aínda queda un mes para a finalización da campaña de abonados e albíscase por fin o regreso de afeccionados aos estadios, son xa máis de 5.000 os carnés tramitados polo RC Celta para a presente tempada. A campaña, baixo a lema ‘Sempre Celta’ arrincou hai unhas semanas cunhas condicións vantaxosas en comparación co resto de equipos non só de Primeira División, se non doutras categorías do fútbol español.

A campaña de abonados do RC Celta inclúe, entre outras vantaxes, o acceso á compra de entradas para aqueles partidos que se poidan disputar en Abanca Balaídos con aforo limitado. Ademais, poderán acudir aos partidos do filial en Barreiro de xeito gratuito sempre que as autoridades sanitarias permitan público nas gradas. O abono ofrece tamén acceso a contidos exclusivos na nova web oficial e a unha zona privada da tenda online oficial, con descontos de ata o 30% en packs de produtos oficiais.

Os abonados poden tramitar altas e renovacións na nova páxina web oficial do club de maneira rápida, sinxela e segura accedendo a través da ligazón rccelta.es/abonados, onde poderán consultar todos os detalles da campaña.

Ademais, co fin de facilitar a renovación dos abonados maiores de 65 anos que necesiten axuda para realizar esta operación, o RC Celta habilitou unha billeteira no estadio de Abanca Balaídos destinada en exclusiva a realizar este trámite. O despacho de billetes abre cada xoves de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

Os abonados maiores de 65 anos, ou todos aqueles que necesiten axuda, e desexen utilizar este servizo deberán domiciliar o seu abono, polo que necesitarán un número de conta e asinar a autorización da domiciliación.

Como sempre, o servizo Escoitamos atenderá todas as dúbidas relativas á campaña, ademais de axudar co proceso de tramitación de abono a aquelas persoas que así o necesiten.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo O Club

Noticias recomendadas