ESCUDO-1300x400-01
Novas club

O RC Celta emprende o mércores o #CamiñoAoCentenario revivindo o primeiro partido da súa historia

RC Celta

O RC Celta camiña con ilusión cara ao Centenario, no que percorrerá unha historia que nos próximos meses emerxerá na memoria do celtismo. Neste #CamiñoAoCentenario hai unha primeira parada obrigatoria. O equipo vigués rememorará o vindeiro mércores 7 de decembro o primeiro partido da súa historia. O cadro de Carlos Carvalhal recibe ao Boavista portugués no Estadio de Abanca Balaídos para revivir aquel encontro, disputado o 23 de setembro de 1923, entre o recentemente nado Real Club Celta e o conxunto luso no Campo de Coia, fogar celeste por aquel entón. O equipo soñado por Hándicap e Baliño Ledo venceu por 8 goles a 2, co inesquecible Polo como gran protagonista, xa que foi o autor de catro tantos.

O RC Celta-Boavista do mércores, sen dúbida especial para o celtismo, disputarase ás 18.00 horas a porta aberta para que todos os afeccionados poidan gozar dun emotivo encontro que ademais lle servirá a Carlos Carvalhal para acelerar a implantación do seu selo de fronte ao vital encontro ante o Sevilla do día 30 de decembro.

Os afeccionados terán acceso libre ás Bancadas de Tribuna Alta e Baixa para presenciar o primeiro dos amigables que o RC Celta disputará neste parón do Nadal co fin de afinar a súa posta a punto para o regreso da competición.

RC Celta

Etiquetas

Novas club

Noticias recomendadas