Hemeroteca celtismo

Campaña Anual de Abonados: últimos días con condicións especiais!

RC Celta

abonados281215

 


 OFICINA DE ABONADOS (BALAÍDOS) | 986.21.32.30 – 986.21.32.34

LUNS A VERNES DE 10 A 14 E DE 17 A 20 HORAS

O MARTES 31 DE DECEMBRO SÓ DE 10 A 14 HORAS

www.celtavigo.org/abonosCelta


 

Este xoves finaliza a Campaña Anual de Abonados 2016 con condicións especiais, idénticas ás ofertadas durante o pasado verán, unha gran oportunidade para sumarse á estupenda tempada que está a realizar o equipo e para que os xa abonados renoven o seu compromiso co Celta, clave no desenvolvemento do club a todos os niveis.

Os prezos, dos máis económicos de Primeira División, mantéñense respecto da tempada pasada, un premio á fidelidade e apoio dos abonados celestes que no caso das renovacións vai acompañado dun 5% durante o mes de decembro. Este desconto é acumulable aos de accionista e familiar até un máximo do 15%.

Ademais, tanto altas como renovacións tramitadas ata o día 31 de decembro estarán exentas de pagar suplementos nos partidos designados como ‘Días do Club’.

 

noticia-precios-web-abonados

 

En canto ao prezo das altas, dispoñibles para Tribuna, Río, Gol e Marcador, tampouco sofren incremento. A cota de alta tamén se mantén en 85 euros para categoría adulto e 45 para o resto de categorías.

O club quere facer un chamamento aos abonados anuais para que, un ano máis, renoven a súa confianza nun proxecto que tempada tras tempada e grazas ao seu apoio crece e madura, non só no deportivo, senón tamén no social e institucional, con ilusionantes proxectos á vista como a reforma de Balaídos ou a nova sede céltica. A Campaña Anual tamén é unha estupenda ocasión para que calquera afeccionado se embarque neste emocionante proxecto de club.

Tanto renovacións como novas altas poden xestionarse nos despachos de billetes do estadio, abertas de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, ou a través da web www.celtavigo.org/abonosCelta. O xoves 31 de decembro as billeteiras só abrirán en horario de mañá.

 

Pago fraccionado

 

O Real Club Celta ofrece ás súas abonados facilidades de pago para renovar ou darse de alta sen ter que realizar un único desembolso. Os usuarios de Tarxeta Comercio ou VISA Abanca poderán pagar até en tres meses sen intereses, mentres que aqueles que desexen fraccionar máis o abono poderán utilizar o Credicelta, que, unha vez autorizado por Abanca, permite o pago a prazos ata en 12 meses cun interese competitivo. Para gozar desta vantaxe, os abonados deberán presentar nos despachos de billetes do estadio o seu DNI e o número de conta de Abanca.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas