1300X400

Carlos Carvalhal será adestrador do RC Celta ata 2024

RC Celta

Carlos Carvalhal será o adestrador do RC Celta ata xuño de 2024 tras o acordo alcanzado co club nas últimas horas. O técnico portugués chega ao conxunto celeste avalado por unha ampla experiencia, balizada con notables éxitos.

Deixou unha pegada indeleble no Sporting de Braga, conxunto co que gañou a Copa en Portugal e no que alcanzou varias clasificacións para competicións europeas. Na súa ampla carreira como adestrador, o xa técnico celeste acumulou experiencia nas ligas turca, grega e inglesa, onde gozou da Premier League no Swansea City.

Entre os equipos que dirixiun figuran Leixões, Vitoria Setúbal, Belenenses, Sporting de Braga, Beira Mar, Asteras Trípolis, Club Sport Marítimo, Sporting Clube de Portugal, Beşiktaş, Sheffield Wednesday, Swansea, Rio Ave e por último Ao Wahda, en Arabia Saudita.

Carlos Carvalhal incorporarase de maneira inmediata aos adestramentos do equipo.

RC Celta

Etiquetas

Noticias recomendadas