Os novos xogadores do Celta Academy Campeche recibiron nas últimas horas unha ilusionante visita. O presidente do club, Carlos Mouriño, acudiu a apoiar aos pequenos futbolistas celestes á cidade de Mérida, onde tres dos equipos campechanos disputaron un torneo. Mouriño animou in situ aos pequenos futbolistas, que ademais ofreceron un notable desempeño. Dous dos tres conxuntos do Celta Academy Campeche que participaron no torneo proclamáronse campións e certificaron o excelente nivel futbolístico do conxunto céltico en terras mexicanas.