Hemeroteca club

Carlos Mouriño: “este Celta non se podería entender nunca sen a súa afección”

RC Celta

Carlos_Mouriño_-_Presidente_RC_Celta.jpg

p>

O presidente celeste destaca que o proxecto de canteira sería imposible sen o apoio do celtismo

 

O presidente do Celta, Carlos Mouriño, quixo expresar hoxe, tras a firma do convenio de colaboración entre a Fundación Celta de Vigo e a Deputación de Pontevedra, o seu profundo agradecemento á afección celeste, un sentimento que resumiu nunha significativa frase: este Celta non se podería entender nunca sen a súa afección.

 

 

Mouriño considera vital, determinante, no desenvolvemento do proxecto do club, baseado na súa canteira, o respaldo do celtismo: “este Celta non se podería entender sen o apoio que nos está prestando a afección. Non se podería entender que en momentos moi difíciles, co equipo a piques de baixar, a afección aplaudise. Non se podería entender este Celta sen esa afección que estivo dándolle unha oportunidade á base, que é do que sentimos máis orgullosos. Non o poderiamos facer sen eles”.

 

 

“Sabiamos o risco que corriamos, sabiamos que todas as afeccións do mundo, todas, son resultadistas, pero conseguimos que a nosa afección, á parte de querer o resultado, apoie un obxectivo, un proxecto, un plan e sentímonos moi apoiados”, engadiu o presidente do Real Club Celta, quen sinalou que “esta afección, a que pasou dos 7.000 aos 24.000, é unha afección que nace dun sufrimento e iso dálle un plus enorme. Estoulle tremendamente agradecido, e estareino sempre”.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas