Hemeroteca celtismo

Celta-Athletic Club: entradas para abonados a metade de prezo e Día das Peñas

RC Celta

Celta-Athletic.jpg

O papel da afección será unha vez máis determinante nun partido crucial

 

Novo partido vital para o Real Club Celta, que nas últimas semanas rexurdiu con forza e este venres dispón ante unha gran oportunidade para reafirmar o seu crecemento. Os celestes buscan ante o Athletic Club (Balaídos, 21.00 horas) a súa terceira vitoria consecutiva nun encontro con varias iniciativas: os abonados poden unha vez máis adquirir entradas a metade de prezo e ademais celébrase o Día das Peñas, con entradas a 5 e 10 euros para os peñistas.

 

Tras os seus importantes triunfos ante Zaragoza e Levante, o Celta afronta este venres outro encontro vital e de máxima esixencia. Recibe ao Athletic Club de Bilbao coa necesidade de encadear unha terceira vitoria consecutiva para acrecentar as súas opcións de permanencia. O papel da afección será determinante, como ocorreu nos últimos encontros.

 

Para xerar un gran ambiente neste crucial choque ante os “leóns”, o club pon de novo a disposición dos abonados celestes entradas a metade de prezo: cada abonado pode adquirir as entradas que desexe para acompañantes por 20 euros para a Bancada de Tribuna e 15 para as de Río Alto e Baixo, as únicas con asentos dispoñibles. Para Sub-23, o prezo das entradas para abonados será de 10 euros.

 

O prezo para o público en xeral mantense: 40 euros para Tribuna e 30 para as bancadas de Río.

As entradas, tanto para abonados como para o público en xeral, poden adquirirse até o xoves na oficina de abonados, en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e o venres nos despachos de billetes do estadio con ese mesmo horario. As entradas para o público tamén estarán dispoñibles a través do servizo online as 24 horas do día: www.celtavigo.org/taquillaCelta

 

ENTRADAS XERAL

ENTRADAS ABONADOS

ADULTO

SUB 23

ADULTO

SUB23

TRIBUNA

40

NON DISPOÑIBLE

      20

   NON DISPOÑIBLE

RÍO ALTO

30

20

15

10

RÍO BAIXO

30

20

15

10

GOL

ESGOTADO

ESGOTADO

ESGOTADO

ESGOTADO

PREFERENCIA

ESGOTADO

ESGOTADO

ESGOTADO

ESGOTADO

MARCADOR

ESGOTADO

ESGOTADO

ESGOTADO

ESGOTADO

FONDO

ESGOTADO

ESGOTADO

ESGOTADO

ESGOTADO

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas