Audiovisual

Celta, Deportivo, Lugo e Valladolid homenaxearán á hostalaría no seu regreso aos terreos de xogo

RC Celta



Estrella Galicia puxo en marcha unha ambiciosa campaña de apoio á hostalaría co obxectivo de contribuír a revitalizar un sector que sufriu especialmente as consecuencias desta crise. Entre as múltiples accións que a cervexeira levou a cabo atópase unha iniciativa na que involucrou a algúns dos seus principais patrocinios dentro do mundo do fútbol.

Deste xeito, a lema “Ás barras Resistencia” acompañará a RC Celta, RC Deportivo, CD Lugo y Real Valladolid CF, no seu regreso ao terreo de xogo. Os equipos de fútbol vestirán unha edición especial de camisetas na que aparecerán ademais os nomes dos locais de hostalaría máis emblemáticos das súas respectivas cidades. O obxectivo é visibilizar así o seu respaldo ao sector hostaleiro, animar aos consumidores a regresar ás barras e recuperar o noso estilo de vida.

Esta acción irá acompañada dunha bancada virtual (www.alasbarrasresistencia.com ) na que os afeccionados de cada equipo poderán participar en sorteos así como realizar achegas para apoiar distintas iniciativas que contribuirán á progresiva recuperación da hostalaría en cada unha destas cidades.

Os partidos nos que os equipos vestirán esta edición especial de camisetas son:

17 de xuño: R.Valladolid CF – RC Celta

28 de xuño: RC Deportivo – SD Ponferradina

8 de xullo: RC Celta – Atlético de Madrid

12 de xullo: CD Lugo – Girona FC

RC Celta

Etiquetas

Audiovisual Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas