Chacho Coudet e o seu corpo técnico desvincúlanse do RC Celta tras unha fructífera etapa, que comezou o 12 de novembro do ano 2020. O técnico arxentino abandona por tanto o club tras dous anos nos que o equipo ofreceu un gran rendemento.
Coudet chegou ao RC Celta nunha situación delicada, xa que o conxunto celeste estaba penúltimo na táboa clasificatoria. Esa tempada, o equipo acabou oitavo tras unha espectacular remontada. A pasada campaña, o RC Celta acabo na undécima posición.
O club, tras esta difícil decisión, quere expresarlle a Chacho Coudet e aos seus axudantes o seu máis sincero agradecemento pola entrega, honestidade e profesionalidade que mostraron desde o seu primeiro día da súa etapa en Vigo, na que sempre ofreceron unha actitude encomiable e realizaron un traballo excepcional, sen regatear esforzos e cunha implicación exemplar. O RC Celta quere ademais desexarlles sorte e éxito na súa nova etapa deportiva.