A Clínica RC Celta inaugurou este xoves o seu programa de charlas sobre deporte e saúde co campión de Europa en 10 km e subcampión continental de maratón, Chema Martínez, e o xefe dos servizos médicos do club e médico da Selección Española, Juan José García Cota, quenes abordaron a labor que leva a cabo a clínica situada en A Sede.
“O deporte é sinónimo de saúde e a Clínica RC Celta quere levar a aprendizaxe que acumularon os seus profesionais no alto nivel e levala á rúa para pola a disposición de todos os cidadáns”, apuntou Chema Martínez despois de coñecer as instalacións do centro.
O fin primordial da Clínica é, en palabras de Cota, “mellorar a calidade asistencial das persoas”. Para iso ofrecen metodoloxía de alto nivel aplicada non só a deportistas, senón ao público en xeral.