O RC Celta informa de que ningún directivo do club sentará no palco presidencial do estadio de Balaídos á beira do alcalde de Vigo, Abel Cabaleiro, mentres este non cumpra a súa palabra e deixe de atacar sen motivo á entidade.
O RC Celta abandonará esta medida, que comezará no encontro deste martes fronte ao FC Barcelona, cando o alcalde respecte e cumpra os acordos alcanzados co club, entre eles realizar unha remodelación do estadio que inclúa os servizos, espazos e comodidades para os nosos afeccionados que require un estadio de primeiro orde nunha Liga de primeiro nivel, outorgar a concesión de Balaídos nas condicións pactadas e coa finalización das obras nos prazos acordados, e respectar o crecemento do RC Celta no municipio limítrofe de Mos.