Por mor do pronunciamento da sección de apelación da Sala Civil e Penal do TSJA sobre a sentenza da Audiencia de Almería, o RC Celta quere subliñar, como xa fixo no seu momento, que condena de maneira contundente e enérxica os feitos acontecidos co xogador do primeiro plantel Santiago Mina.
Reitera unha vez máis que os valores do RC Celta están por encima de todo e que o club os defenderá ata as últimas consecuencias como fixo sempre.
O RC Celta e os seus servizos xurídicos están a estudar en profundidade a resolución do TSJA para definir o proceder do club.