BANNER WEB 1300X400
Novas club

Comunicado oficial do RC Celta

RC Celta

 

Comunicado

O RC Celta recibiu nas últimas horas unha comunicación oficial relacionada coa situación do xogador Santiago Mina Lorenzo.

A través dun burofax esixe ao RC Celta a súa incorporación inmediata aos adestramentos do equipo, polo que neste caso o club vese obrigado a asumir a presenza do xogador nas sesións de preparación desde este momento dentro dos horarios estipulados cos seus compañeiros.

O RC Celta resérvase o seu dereito de reclamar, se a sentenza devén firme, todos os danos e prexuízos ocasionados polo comportamento do xogador á entidade tanto económicos como de imaxe do club, respectando a día de hoxe o seu dereito a recurso.

O RC Celta quere destacar que o futbolista, dada a situación xudicial que xerou e que dana a imaxe deste club, rexeitou unha oferta para xogar nun equipo doutra liga.

O club quere por último expresar que nunca se deixará presionar por ningún traballador que busque os seus intereses particulares e, ademais, mostra a súa sorpresa por este movemento do xogador encamiñado a danar ao RC Celta, que desde a sentenza xudicial obrou conforme aos valores deste club e da súa afección e aos que non renunciará baixo ningún concepto.

RC Celta

Etiquetas

Novas club

Noticias recomendadas