20251023_PartidoNhoa_CELTAvsNIZA_Afición-36
Celtismo

Consegue xa a túa entrada e goza do Celta – RCD Espanyol en Abanca Balaídos!

RC Celta

Xa podes facerte coa túa entrada para o partido entre o Celta e o RCD Espanyol, correspondente á xornada 14 de Laliga EA Sports (hora e día aínda por confirmar).

A partir de hoxe ás 12:00 horas, as entradas están dispoñibles desde 20 euros para Carné Celtista e desde 25 euros para público xeral. As primeiras 24 horas, a venda será exclusiva para celtistas, e a partir do mércores 29 de outubro ás 12:00 horas, abrirase ao resto.

Non perdas a oportunidade de vivir o Celta dunha maneira especial, cantar o himno “Oliveira dos Cen Anos” en directo, sentir a paixón da bancada, ver o quecemento sobre o céspede, coñecer todos os recunchos do estadio ou lanzar penalties como un dos teus ídolos tras o asubío final. Consulta AQUÍ todas as experiencias únicas coas que gozarás de Abanca Balaídos como nunca antes.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas