Hemeroteca club

Conta atrás, macro lonas, bandeiras… #ThisIsAfouteza

RC Celta

sedelonathisisafouteza.jpg

 

O RC Celta segue avanzando no seu obxectivo de “ensinarlle ao mundo o significado de afouteza”. Esta tarde comezaron os tarefas de colocación das macro lonas coa mensaxe “This is afouteza” na futura sede do club, na rúa do Príncipe, El Corte Inglés e o Centro Comercial A Laxe.

 

A tenda oficial celeste, no Estadio de Balaídos, puxo tamén á venda bandeiras con ese mesma mensaxe para que os afeccionados poidan, como están facendo xa distintos colectivos e asociacións de veciños, lucilas nas súas fiestras ou balcóns.

 

Tamén comezou na actual sede, en Praza de España, a instalación dun reloxo coa conta atrás para o histórico encontro do próximo xoves ante o Manchester United.

 

O club lanzará nos próximos días novas iniciativas para tinguir a cidade de celeste e ambientar o partido de semifinais da Europa League.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas