
Tras comezar a tempada cunha vitoria na liga ante o Real Avilés, o conxunto dirixido por David Ferreiro volve recibir as asturianas nunha cita moi especial para o club: o seu primeiro partido na historia da Copa da Raíña. Este estreo copeiro de As Celtas disputarase o mércores 9 de setembro, ás 19:00h, no campo de A Madroa.
A xornada terá ademais outro momento especial, xa que durante o descanso celebrarase a presentación oficial das categorías inferiores femininas de As Celtas para a tempada 26/27, un momento que permitirá ao celtismo coñecer os diferentes equipos que forman parte da estrutura de fútbol feminino do club.
O Celta anima a toda a afección a acompañar a As Celtas neste histórico estreo e a gozar tamén da canteira feminina.
Vémonos o mércores, celtistas!