ESCUDO-1300x400-02
Novas club

O RC Celta, exemplo en LaLiga Santander en Responsabilidade Social Corporativa: “O seu modelo é un éxito para seguir”

RC Celta

Compromiso de bo goberno, sustentabilidade e enfoque social como ferramenta clave no crecemento do fútbol profesional. Valores de presente e futuro na liña de evolución nacional e internacional do RC Celta. Javier Tebas, presidente de LaLiga Santander, acompañado do noso presidente, Carlos Mouriño, visitou a Cidade Deportiva Afouteza para poñer de manifesto o liderado do RC Celta, dentro dos 20 equipos que conforman a elite do fútbol español, en materia de Responsabilidade Social Corporativa (RSC).

Carlos Mouriño abriu o acto, que contou coa presenza da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, expoñendo que “a responsabilidade Social é un antes e un despois nas empresas e no mundo do deporte. A responsabilidade social é clave no motor do fútbol”.

O presidente de LaLiga Santander, Javier Tebas, resaltou o caso de éxito do RC Celta asegurando que “dentro de LaLiga hai outras ligas igual de importantes. E aquí o RC Celta é campión. O club lidera en responsabilidade social, e iso é un éxito”. “Para poder liderar a Responsabilidade Social hai que crerllo e o traballo do RC Celta é un exemplo único” puntualizou.

David Baixauli, responsable RSC de LaLiga, expuxo o liderado celeste nesta materia: “O RCCelta é o único club de fútbol cunha certificación ambiental. Buscamos que o seu programa sexa transmitido ao resto de clubs. É líder indiscutible en sustentabilidade”.

Pola súa banda, María José Herbón, directora corporativa do RC Celta, mostrou as liñas xerais de traballo do club en RSC afirmando que “nesta empresa traballamos día a día para aumentar os casos de éxito que xa temos en RSC”. Posteriormente realizouse unha mesa redonda onde participaron María García, coordinadora de Sustentabilidade de ABANCA; Pedro Hortas, Director de Comunicación e Relacións Externas de Stellantis e Miguel Ángel Fernández, Director de márketing de LG, baixo a moderación de María José Herbón e David Baixauli. O RC Celta como modelo de referencia.

.

 

RC Celta

Etiquetas

Novas club

Noticias recomendadas